30 xuño 2026

XV XANTAR SOLIDARIO

 

O domingo 28 de xuño, nos Viñedos Altos de Torona, tivo lugar o XV Xantar Solidario da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.

Este xantar ten a dobre finalidade de por en valor o traballo dos voluntarios e voluntarias e, ao mesmo tempo, agradecer a axuda dos colaboradores públicos e privados que ao longo do ano axudan a esta Asociación Asistencial.

A este acto acudiron 250 persoas. Nel fíxose entrega a todos os colaboradores dun agasallo elaborado pola Asociación Avelaíña.  

Estiveron presentes no Xantar  Lara Meneses (Directora Xeral de Xuventude, na Xunta de Galicia) e Paula Bouzós (Deputada de Igualdade e Benestar Social, na Deputación de Pontevedra)

Asistiron  Sandra Gonzalez (Alcaldesa do Concello de Tomiño), Cristina Correa , (Alcaldesa

do Concello de Oia) e Enrique Cabaleiro (Alcalde de Tui). A alcaldesa do Concello de O Rosal, Ánxela Fernández, que tiña comprometida a súa presenza, non puido asistir a consecuencia do accidente de tráfico acaecido o día anterior. Tamén estiveron presentes concelleiros de Tomiño, Tui, Oia e O Rosal e representantes da Entidade Menor Pazos de Reis.

Como ven sendo habitual, contouse coa presenza do Presidente do Banco de Alimentos de Vigo, José Ramón Santamaría.

A asociación agradece aos Viñedos Altos de Torona, que facilitaran o espazo para levar a cabo este Xantar e o compromiso do Xerente José António Torres da Asociación.

O máis salientable do acto foi o compromiso das institucións co proxecto da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.