O domingo 28 de xuño, nos
Viñedos Altos de Torona, tivo lugar o XV Xantar Solidario da Asociación
Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.
Este xantar ten a dobre
finalidade de por en valor o traballo dos voluntarios e voluntarias e, ao mesmo
tempo, agradecer a axuda dos colaboradores públicos e privados que ao longo do
ano axudan a esta Asociación Asistencial.
A este acto acudiron 250
persoas. Nel fíxose entrega a todos os colaboradores dun agasallo elaborado
pola Asociación Avelaíña.
Estiveron presentes no Xantar Lara Meneses (Directora Xeral de Xuventude, na
Xunta de Galicia) e Paula Bouzós (Deputada de Igualdade e Benestar Social, na
Deputación de Pontevedra)
Asistiron Sandra
Gonzalez (Alcaldesa do Concello de Tomiño), Cristina Correa , (Alcaldesa
do Concello de Oia) e Enrique
Cabaleiro (Alcalde de Tui). A alcaldesa do Concello de O Rosal, Ánxela
Fernández, que tiña comprometida a súa presenza, non puido asistir a
consecuencia do accidente de tráfico acaecido o día anterior. Tamén estiveron
presentes concelleiros de Tomiño, Tui, Oia e O Rosal e representantes da
Entidade Menor Pazos de Reis.
Como ven sendo habitual,
contouse coa presenza do Presidente do Banco de Alimentos de Vigo, José Ramón
Santamaría.
A asociación agradece aos Viñedos
Altos de Torona, que facilitaran o espazo para levar a cabo este Xantar e o
compromiso do Xerente José António Torres da Asociación.
O máis salientable do acto foi
o compromiso das institucións co proxecto da Asociación Asistencial SOS Tomiño
Baixo Miño.
