Un ano máis, desde a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, poñemos en marcha o noso tradicional sorteo de cestas de Reis, coa colaboración e implicación de todas as familias ás que atendemos.
Esta iniciativa é moito máis ca un sorteo: é unha forma de colaborar, compartir ilusión e seguir construíndo unha comunidade máis solidaria e comprometida. 💚
Grazas a todas as familias que, un ano máis, se implican e fan posible esta iniciativa, e tamén a todas as persoas que colaboran mercando a súa rifa e achegando o seu gran de area.
Cada participación conta e cada xesto suma. Entre todas e todos seguimos facendo realidade o noso lema: Sostemos e axudamos. 💚
🎟️ Participa por só 2 € e colabora coa nosa asociación!
Moita sorte a todas e todos! 🍀👑
