19 outubro 2026

PRECISAMOS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS NO BAIXO MIÑO!


Achégase a Gran Recollida de Alimentos, organizada polo Banco de Alimentos de Vigo, e precisamos da vosa colaboración!

📅 Venres 13 e sábado 14

📍 Supermercados nos que precisamos persoas voluntarias:

🛒 Froiz: A Guarda, O Rosal e Tomiño.

🛒 Gadis: Tui.

🛒 Froiz: os tres supermercados de Tui.

🕒 Publicamos os horarios coas quendas que quedan pendentes de cubrir. Preme AQUÍ

🤝 Precisamos a axuda de todas e todos! Cada persoa voluntaria conta e cada quenda é importante para que esta recollida sexa un éxito.

💚 COMO PODES COLABORAR?

Podes anotarte para cubrir unha quenda a través de:

📲 WhatsApp: 655 607 935

📧 Correo electrónico: sostomino@hotmail.es

📝 Importante: indica a quenda ou as quendas nas que podes colaborar, xunto co teu nome e apelidos.

🙏 Anímate a participar! Entre todas e todos podemos conseguir que esta Gran Recollida sexa un éxito e axudar a quen máis o necesita.

📢 Non podes colaborar? Comparte esta mensaxe para que chegue a máis xente!

💚 Grazas pola vosa solidariedade e compromiso!