19 outubro 2026

O Grupo Scout Alhoia de Tui participa un ano máis na Gran Recollida de Alimentos

 


Un ano máis, o Grupo Scout Alhoia de Tui súmase á Gran Recollida de Alimentos, organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), que terá lugar o venres 13 e o sábado 14 de novembro.

Na comarca do Baixo Miño, SOS Tomiño Baixo Miño encárgase de organizar o voluntariado nos supermercados da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.

As e os scouts de Alhoia estaremos nos supermercados de Tui, colaborando nesta iniciativa solidaria para apoiar as persoas e familias que máis o precisan.

💚 Ti tamén podes colaborar! Anímate a participar, achegando alimentos ou facendo a túa doazón nos supermercados participantes. Cada pequena achega conta e, coa solidariedade de todas e todos, podemos conseguir moito máis.

🤝 Contamos contigo! Entre todas e todos, facemos a diferenza.