09 decembro 2019

VIII Camiñada solidaria 2019 organizada polo club deportivo Andatui Regodapedra


O próximo domingo 22 de decembro o club deportivo Andatui Regodapedra levará a cabo a VIII Camiñada solidaria 2019. 
A saída será desde o palco da música, na Corredoira de Tui, ás 10:00 horas para percorrer distintas rúas e prazas do casco antigo de Tui.
Esta Camiñada solidaria, duns 9 quilómetros de distancia, é de carácter moderada e apta para tódalas persoas.
IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.
Moitas grazas á organización e aos participantes!