A Asociación Asistencial SOS
Tomiño-Baixo Miño, organiza o domingo 27 de xulio, un
pequeno xantar. Non se trata de comer ou de recaudar diñeiro. O
principal obxetivo é
- agradecer a todos os voluntarios, o traballo que veñen desenvolvendo de forma totalmente desinteresada, durante todo o ano, no almacén, no reparto das bolsas entre os beneficiarios, na administración, etc.
- agradecer a todos os colaboradores, a súa colaboración, tanto económica como en servicios e productos.
Este xantar, que terá lugar no
Pavillón de Tomiño, as 14:00 horas, do domingo 27,
constará de pulpo e carne ao caldeiro.
O obxetivo desta comida, é dar a
coñecer o traballo que esta Asociación Asistencial SOS
Tomiño-Baixo Miño fai ao longo do ano, atendendo un total de 91
familias.
Se se quere asistir a este xantar, o
prezo do prato, é de 20 euros. O prato
infantil, é de 10 euros.
As persoas que desexen colaborar con
esta Asociación, en favor das 91 familias sen recursos poden comprar
boletos para a mesa cero, por 5 euros.
As entradas para asistir a este xantar,
ou para colaborar coa mesa cero, están a súa disposición nos
seguintes locais:
- frutería A Eira (Tui. Rúa Lugo, 5. Teléfono 690694819.
- cafetería El Pilar (Tui). Casal Aboi, 7. Teléfono 986601075.
- panaderia el Rollo. Avda Concordia, 53. Teléfono 986602377.
- cafeteria Boby. Rúa Ordonez, 3. Teléfono 986602110.
- edificio da antiga aduana os luns e xoves, de 11:00 a 13:00
- Abanca, La Caixa e Banco Popular (en Tomiño)
- Panadería Currás. Cuurás (Tomiño).
- Alimentación Quinteiro (Amorín)
- Balneario de Caldelas de Tui.
