Páginas

▼

PRECISO AXUDA

    Onde teño que ir 


    Que documentación teño que presentar.

  1. Fotocopias do DNI ou pasaporte do solicitante e dos membros da unidade familiar.

  2. Fotocopia do libro de familia.

  3. Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.

  4. Certificado de empadroamento.

  5. Certificado de convivencia.

  6. Fotocopia da declaración do IRPF do último ano ou, no seu defecto, certificación negativa expedida pola Delegación de Facenda, do interesado e dos membros da unidade de convivencia.

  7. Certificacións emitidas polas entidades e organismos competentes dos ingresos que, por calquera concepto, perciban o solicitante e os demais membros da unidade de convivencia (pensións, nóminas de traballo, desemprego, etc.).

  8. Vida laboral de todos os membros da unidade familiar que estean en idade laboral.

  9. Informe dos servizos sociais do concello.

  10. Certificado emitido pola asistenta social das pensións percibidas da Xunta.

  11. Certificado emitido pola entidade bancaria de: contas correntes, de aforro e a prazo fixo, así como plusvalías de fondos de investimento, plans de pensións, valores, etc.

  12. Extracto bancario dos últimos 6 meses de todas as contas bancarias de todos os membros da unidade familiar, no que apareza algún recibo domiciliado (luz, teléfono, etc.).

  13. As persoas que aleguen algunha discapacidade deberán presentar o informe do órgano competente no que se recoñeza a citada discapacidade.

  14. Certificado catastral dos bens rústicos e urbanos do usuario, cónxuxe e resto da unidade familiar.

  15. Informe médico do interesado e de calquera membro da familia que se considere oportuno.

  • Poderase solicitar aos interesados a achega doutros documentos distintos dos anteriormente enumerados, co fin de comprobar se reúnen as condicións esixidas para seren beneficiarios da prestación solicitada.

Consideraranse como gastos para o cálculo da Renda dispoñible mensual os seguintes:

Gastos debidamente documentados: teléfono, alugueiro, préstamos hipotecarios ou persoais, electricidade, colexios, gas, IBI, etc.