Páginas

▼

ASOCIACIÓN

A Asociación Asistencial SOS Tomiño constitúese o 13 de febreiro de 2009.

O 29 de xunio de 2013 cambia os estatutos e o nome, pasando a chamarse “ASOCIACIÓN ASISTENCIAL SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO”.
A finalidade para a que se constitúe, é acadar que as persoas físicas e as familias teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimento.
Esta asociación ten o seu ámbito de actuación no Concellos de Tomiño ,Tui, o Rosal e Oia.
A A asociación establece o seu domicilio social na PRAZA DA MINA, Nº11, SÓTANO 2, TRASTEIRO
localidade TOMIÑO, C.P. 36740, concello de TOMIÑO, Pontevedra, teléfono 655 607 935, correo electrónico sostomino@hotmail.es .

Está inscrita no Rexistro de Entidades que prestan servizos sociais co nº E-5390.

A asociación ven realizando accións para axudar aos beneficiarios que están en situacións económicas e sociais precarias.
A maneira de actuar é a seguinte:

1. Constituír e administrar un banco de alimentos. administrando os seus recursos entre os/as beneficiarios/as.
2. Xestión de donacións procedentes de persoas ou entidades, públicas ou privadas.
3. Reparto de alimentos, en base a unhas normas preestablecidas.


O Programa de asistencia social en Tomiño,Tui e o Rosal baséase nas accións seguintes:

· Acceso a alimentos de primeira necesidade, para aquelas familias nas que o seu nivel de ingresos, non lles permite ter accesibilidade a compra de produtos alimenticios para unha adecuada dieta nutricional, sobre todo en familias en onde existen lactantes, persoas maiores ou doentes.

· Reparto mensual de un lote de alimentos con produtos de primeira necesidade (leite, aceite, legumes, cereais, peixe, carne, pan, pastas, etc).