GRAZAS DE TODO CORAZÓN! ❤️ FOTOS
Dende a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas voluntarias e colaboradoras que participaron o venres 13 e o sábado 14 na Gran Recollida de Alimentos, organizada polo Banco de Alimentos de Vigo.
Queremos dar as grazas, especialmente, a todas as persoas que dedicaron o seu tempo, esforzo e ilusión a esta iniciativa solidaria, facendo posible que a recollida fose un éxito.
Tamén queremos destacar e agradecer a enorme solidariedade de todas as persoas que, achegándose aos supermercados, decidiron colaborar coa doazón de alimentos. Cada achega, por pequena que sexa, conta e pode marcar unha gran diferenza na vida de moitas familias.
Unha vez máis, demostrastes que a solidariedade, o compromiso e a unión das persoas son fundamentais para axudar a quen máis o necesita.
Grazas por estar, por colaborar e por demostrar que, entre todos e todas, podemos facer un mundo máis solidario.
MIL GRAZAS DE TODO CORAZÓN! ❤️
