Páginas

▼

03 outubro 2026

SOS Tomiño Baixo Miño impulsa unha campaña de recollida de alimentos para almorzos e merendas

 

SOS Tomiño Baixo Miño promove unha recollida de alimentos para almorzos e merendas.

A campaña conta coa colaboración dos institutos de Tomiño e Tui e dos colexios de Oia, O Rosal, Tomiño e Tui

A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos para almorzos e merendas, coa colaboración dos centros educativos de Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Na iniciativa participan os institutos de Tomiño e Tui, así como todos os colexios dos catro municipios, que se converterán en puntos de recollida para facilitar a participación do alumnado e das familias.

A campaña ten como obxectivo reunir produtos destinados a cubrir necesidades básicas de alimentación e apoiar as familias que atravesan maiores dificultades económicas.

Desde SOS Tomiño Baixo Miño animan á comunidade educativa e á veciñanza a colaborar con esta iniciativa, que pretende sumar solidariedade e compromiso social desde os propios centros educativos.

A asociación agradece a implicación dos colexios e institutos participantes e de todas as persoas que contribúan á recollida.