13 outubro 2026

 

O Concello de Tui reafirma o seu apoio á Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño

O Concello de Tui mantén o seu apoio constante á Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, apostando economicamente polo labor social e asistencial que desenvolve a entidade ao longo de todo o ano.

Esta colaboración contribúe a dar resposta ás necesidades das familias do concello de Tui atendidas pola asociación, reforzando o compromiso municipal co benestar da veciñanza e coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade.

Con este respaldo institucional e económico, o Concello de Tui reafirma a súa aposta pola solidariedade e pola colaboración coas entidades sociais, recoñecendo o importante labor que desenvolven na comarca.