22 decembro 2017

IV Papanoelada Motera Solidaria

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Motoclub Os De Sempre organizan a sua papanoelada moteira solidaria. Un evento que nace fai 4 anos e que se repite chegadas estas fechas de nadal, no que o seu obxetivo é facer as delicias dos mais cativos. Un evento pensado por e para eles no que lle brinda a posibilidade de facelos imaxinar e soñar ca chegada de papanoel.

Isto xuntase ca paixón que teñen os moteiros polas duas rodas e o resultado é algo único para ambas partes no que disfrutan moteiros, pequenos e non tan pequenos!
O outro obxectivo é a soliedaridade nestas datas cos nenos e nenas mais desfavorecidos ou necesitados por iso farán no seu transcurso da ruta, paradas nos centros culturais dalgungas parroquias da cidade, para recoller xoguetes e agasallos dos que logo mais tarde SOS Tomiño fará entrega.
A ruta dará a súa saída o domingo 24 as 15:30h dende a corredoira de Tui encabezada por papanoel montado na sua carruaxe repartido caramelos e dirixindose os centros culturais de Randufe, Pexegueiro, Areas, Valença do Miño, Baldrans, Guillarei, Ribadelouro, Anxo e o seu regreso de volta o punto de partida. Aquí concluirá, pero os mais cativos podrán disfrutar del un longo rato e pedirlle os seus dexesos! E tamén estará montado o posto de SOS Tomiño para facer a recollida de mais xoguetes.
-Dende o Motoclub están moi agradecidos e queren facer unha mención especial a Maria Teresa, presidenta do Crack das escolas reunidas rurais pola sua xenerosa e desinteresada donacións de xoguetes para todos eses nenos.
E os mellores agradecementos o concello e a cada un dos colaborades que axudaron para que isto sala adiante da mellor maneira posible!