Páginas

▼

16 decembro 2017

A BANDA DE GOIÁN CELEBRA O CONCERTO DE NADAL O DOMINGO 17

Aproxímase o Nadal e, con el, o último concerto do ano e un dos máis especiais nos que participa boa parte do alumnado da escola de música: dende os máis pequenos de xardín musical ou música e movemento, a banda infantil e a Agrupación Musical de Goián.

Como ven sendo habitual, na entrada haberá que entregar 1 Kg de alimentos que serán doados a Sos Tomiño Baixo Miño

O concerto celébrase o próximo domingo 17, ás 18:00 h. no auditorio de Goián.