Como cada ano, dende o ano 2008, a
Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai celebrar o vindeiro 4
de xuño de 2017, o seu IX Xantar Solidario,
que terá lugar ás 14:00 h, no parque de Pias ao lado da ponte do rió
Tamuxe no Rosal, baixo carpa.
Este xantar, ten a dobre finalidade de agradecer
- o traballo que ao longo do ano fai o grupo dos voluntarios
- a colaboración das persoas e entidades que axudan co seu traballo ou
facendo algunha doazón,tanto económica como de alimentos.
Póñense a venda, invitacións para participar neste Xantar Solidario. Custa
20 euros, e para os máis novos, só 10 euros.
Tamén se poñen á venda, invitacións da mesa 0, para que todas aquelas
persoas que desexen colaborar coa Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño,
sen asistir ao Xantar, poidan facer o seu donativo de 5 euros.
O diñeiro recadado ten unha única
finalidade: a compra de alimentos para as familias necesitadas, que a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo
Miño, atende neste momento: 34 familias en Tomiño, 81 no Concello de Tui e 6 no
concello do Rosal.
O ingreso pode facerse
nas contas que a entidade ten:
- ABANCA : ES 90 2080 5064 89 3040013927
- LA CAIXA: ES 31 2100 4713 11 0200049818
- BANCO POPULAR-PASTOR: ES56 0075 8905 38
0600162212
Neste Xantar
Solidario, colaboran:
- Regina Viarum, Agua Fontecelta, Altos de Torona, do
grupo de empresas de HORACIO GÓMEZ
- Bodegas Val Miñor
- Panadería Currás
- Panadería Tudense
- Panadería O Rollo.
- Panadería Manuel López
- Panadería Xulio
