Páginas

▼

01 xuño 2016

VIII Comida Solidaria de SOS Tomiño Baixo Miño

VIII COMIDA SOLIDARIA
Como cada ano, dende o 2008, a  Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai celebrar o vindeiro 12 de xuño de 2016, o seu VIII Xantar Solidario,  que terá lugar ás 14:00 h, no Torreiro de Festas do Alivio en Tomiño, baixo carpa.

Este xantar, ten a dobre finalidade de agradecer
  • o traballo que ao longo do ano fai o grupo dos voluntarios  
  • a colaboración das persoas e entidades que axudan co seu traballo ou facendo algunha doazón,tanto económica como de alimentos.

Póñense a venda, invitacións para participar neste Xantar Solidario. Custa 20 euros, e para os máis novos, só 10 euros.

Tamén se poñen á venda, invitacións da mesa 0, para que todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, sen asistir ao Xantar, poidan facer o seu donativo de 5 euros.

O diñeiro recadado ten unha  única finalidade: a compra de alimentos para as familias    necesitadas,  que a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, atende neste momento: 30 familias en Tomiño e 70 no Concello de Tui.

O ingreso pode facerse nas contas que a entidade ten:
  • ABANCA :  ES 90 2080 5064 89 3040013927
  • LA CAIXA:    ES 31 2100 4713  11 0200049818
BANCO POPULAR-PASTOR:    ES56 0075 8905 38 0600162212