A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo-Miño, organiza un festival solidario, amenizado por a orquestra Salsa Rosa.
Terá lugar o vindeiro domingo, 3 de novembro, no pavillón do Instituto de Educación Secundaria San Paio de Tui.
A finalidade deste evento é a recollida de alimentos para as familias necesitadas.
O festival comezará ás 17 horas.
O importe da entrada é un kilo de alimentos.
Haberá:
música en directo a cargo da Orquestra Salsa Rosa (Espectáculos Sousa)
espectáculo de maxia, a cargo do Mago Marcos.
hinchables
maquilladores para nenos (Festa a Esgalla),
gominolas de balde
Todo isto será de balde.
Cada persoa que entregue o seu kilo de alimentos, será agasallado con unha rifa para un sorteo, que se celebrará durante o festial. O premio será a actuación da Orquesta Salsa Rosa, de balde, no pobo da persoa que sexa gañadora, antes do mes de abril de 2014.
Nota: os alimentos que mais se precisan son alimentos infantís (cereais, potitos), legumes, galletas, cacao soluble, aceite, leite, cereais... e calquera outro producto non perecedoiro.
Neste evento tamén se poden deixar tapóns para BANTA (Banco de Tapóns do Baixo Miño)
