A Asociación Asistencial, SOS Tomiño-Baixo Miño, organiza unha campaña destinada a recollida de alimentos, para repartir entre as familias máis necesitadas dos Concellos de Tui e Tomiño, baixo o lema “Axúdanos co teu kilo”.
Esta campaña, obedece á demanda crecente de familias que, ante a situación de crise, se ven na necesidade de pedir alimentos. Outra das causas, é a forte redución de alimentos que viñamos recibindo do FEGA.
A demanda é cada vez maior e SOS Tomiño-Baixo Miño, pide axuda a todos os cidadáns para poder seguir alimentando aos máis necesitados.
Esta campaña, efectuarase en agosto, nos supermecados FROIZ de Tui, desde o xoves 1 de agosto ao xoves 8 de agosto.
Con esta operación de recollida de alimentos, SOS Tomiño-Baixo Miño, pretende acadar algún dos produtos que máis se necesitan, sobre todo aceite e leite. Tamén se recollen outros produtos non perecedoiros.
Haberá nas portas dos supermercados Froiz, voluntarios de SOS Tomiño-Baixo Miño, para informar ás persoas que acoden ao supermercado e queiran colaborar nesta operación kilo.
SOS Tomiño-Baixo Miño, quere agradecer, no nome de todas as familias beneficiarias, á dirección de Supermercados Froiz, a súa implicación e desinteresada colaboración con esta campaña.

