02 maio 2013

Campaña de recollida de alimentos no centro comercial EROSKI de Mos


A Asociación Asistencial, SOS Tomiño, organiza unha campaña destinada a recollida de alimentos, para repartir entre as familias máis necesitadas, baixo o lema “Axúdanos co teu kilo”.
Esta campaña, obedece á demanda crecente de familias que, ante a situación de crise, se ven na necesidade de pedir alimentos a esta asociación.  A demanda de alimentos é cada vez maior e SOS Tomiño, pide axuda a todos os cidadáns, para poder seguir alimentando aos máis necesitados.
Esta campaña vaise realizar no centro comercial EROSKI de Mos (Sanguiñeda) (do luns dia 6 de maio á sábado dia 11 de maio).
Con esta operación de recollida de alimentos, SOS Tomiño pretende acadar algún dos produtos que máis se necesitan, sobre todo leite e aceite. Tamén se recollen outros produtos non perecedoiros coma garavanzos, feixóns, lentellas, conservas, galletas, arroz, fariña, etc.
Haberá na porta do supermercado, voluntarios de SOS Tomiño, para informar as persoas que acoden ao centro comercial e queiran colaborar nesta operación kilo.